ELECCIÓNS
Manuel Saa continuará na presidencia da Federación Provincial de A Coruña
2/12/2013

A alta participación amosou unha Federación moi viva é implicada co futuro da caza

O pasado venres 29 de novembro, tiña lugar no Hotel Punta del Este, sito no concello coruñés de Carballo, a asemblea de votacións para a elección á presidencia da FGC de A Coruña.

Ás 20:30 horas en segunda convocatoria, daba comezo dita asemblea de votacións que, sen lugar a dúbidas, reflectiu o interese e a viveza que teñen os cazadores e sociedades de caza coruñesas polo futuro da institución federativa. Un 80% de participación non fai outra cousa máis que demostrar que, independentemente do candidato elixido, esta asemblea de votacións foi un éxito para a caza e a Federación de A Coruña.

Comezaba a asemblea coa presentación e exposición do programa dos dous candidatos. En primeiro lugar era o terno do candidato José María Álvarez Villar, cazador, xuíz, presidente da Sociedade de Caza de Coristanco e persoa moi vinculada ó ente federativo dende hai anos. A continuación interviña Manuel Saa Casariego, presidente da FGC en A Coruña nas dúas anteriores lexislaturas.

Cun salón abarrotado de asembleístas comezaban as votacións. Ata un total de 112 votantes exerceron o seu dereito ao voto, sendo informados polo presidente da mesa electoral, Ramón Rodríguez Cobas, da validez dos 112 votos emitidos e a inexistencia de votos nulos, brancos e abstencións.

Feito o reconto, era Manuel Saa Casariego o que con 58 votos a favor, renovaba o seu cargo a presidente da Federación Galega de Caza en A Coruña para a vindeira lexislatura, fronte os 54 votos acadados polo seu compañeiro José María Álvarez Villar.

Un apertón de mans entre os dous candidatos selaba o desexo dun prospero futuro da FGC en A Coruña ao mesmo tempo que poñía o colofón a esta asemblea de votacións. Ao remate da asemblea, o presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira Diz, dirixíase aos asistentes para destacar e felicitar aos dous candidatos así como a todos os asembleístas, que coa súa presenza amosan o enorme interese polo futuro da Federación e da Caza en A Coruña.