ARCEAS PONTEVEDRA |
Gustavo Alonso gañador en O Rosal |
18/11/2013 |
Campionato Provincial de Pontevedra de Caza de Arceas O pasado sábado 16 de novembro disputouse no Tecor de O Rosal, unha edición máis do Campionato Provincial de Pontevedra de Caza de Arceas organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa inestimable colaboración da Sociedade de Cazadores de dito Tecor. Un total de 23 escopetas se citaron nesta fase provincial de caza de arceas na que temos que destacar o bo número de arceas avistadas polos participantes así como as entregadas no control. O campionato foi para o cazador Gustavo Alonso Rodríguez con 500 puntos acadados por ser o primeiro en facer a súa entrada en control cunha arcea. O segundo posto era para José A. Vasconcellos Vicente con tamén 500 puntos e xa en terceira posición remataba o cazador Moisés Mariño Melo co mesmo número de puntos que os dous primeiros clasificados. A estes tres primeiros clasificados acompañaranos os cazadores Javier Álvarez Santamariña, Javier Calvo Simois e Agustín González Eiras, conformando a representación de Pontevedra para o vindeiro Campionato Galego de Caza de Arceas. |