ARCEAS CORUÑA
Óscar Suárez gañador en Rus
18/11/2013

Campionato Provincial de A Coruña de Caza de Arceas

O pasado sábado 16 de novembro disputouse no Tecor Santa María de Rus unha edición máis do Campionato Provincial de A Coruña de Caza de Arceas organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña e contando coa inestimable colaboración da Sociedade de Cazadores de dito Tecor.

A paixón que esperta esta migratoria segue en aumento e mostra deso foron os 30 cazadores que se deron cita nesta fase provincial clasificatoria para o Autonómico da especialidade.

Foi o cazador Óscar Suárez Ventoso o que se fixo co primeiro posto con 500 puntos converténdose no Campión Provincial deste 2013. Co mesmo número de puntos, o subcampionato era para Ramiro Lamas Vilanova e o terceiro posto recaía nas mans de Juan José Canosa Vigo con tamén 500 puntos.

A estes tres primeiros clasificados acompañaranos os cazadores Esteban Gómez Rama, Emilio Bolaño Pampín e Francisco Viqueira Castro, conformando a representación de A Coruña para o vindeiro Campionato Galego de Caza de Arceas.