ARCEAS OURENSE |
Artemio Formoso é o campión provincial |
18/11/2013 |
Campionato Provincial de Ourense de Caza de Arceas O pasado sábado 16 de novembro disputouse no Tecor San Trocado, sito no concello ourensán de San Amaro, unha edición máis do Campionato Provincial de Ourense de Caza de Arceas organizado pola Federación Galega de Caza en Ourense e contando coa inestimable colaboración da Sociedade de Cazadores de dito Tecor. A diferenza do resto de campionatos provinciais da especialidade, semella que en Ourense a entrada de arceas non quixo ser efectiva e iso motivou a pouca caza avistada por parte dos 10 cazadores que tomaron saída nesta edición da fase provincial de caza de arceas. Foi o cazador Artemio Formoso Barro o que se fixo co primeiro posto con 500 puntos converténdose no Campión Provincial de Ourense deste 2013 ao aportar unha arcea o control. A sorte fixo que o subcampionato era para Jose Carlos Otero Pérez e o terceiro posto recaía nas mans de Abel Andrés Otero. A estes tres primeiros clasificados acompañaraos o cazador Roberto Miguélez Saínza, conformando a representación de Ourense para o vindeiro Campionato Galego de Caza de Arceas. |