ARCEAS LUGO
Antonio González gaña o provincial
18/11/2013

Campionato Provincial de Lugo de Caza de Arceas

O pasado sábado 16 de novembro disputouse no Tecor Val de Lemos, sito no concello lucense de Monforte de Lemos, o Campionato Provincial de Lugo de Caza de Arceas organizado pola Federación Galega de Caza en Lugo e coa colaboración da Sociedade de Cazadores Val de Lemos.

Ata un total de 23 cazadores se citaron nesta fase provincial na que o número de arceas avistadas e abatidas foi a nota predominante desta edición.

Foi o cazador Antonio González Álvarez o que se fixo co primeiro posto con 500 puntos ao facer a súa entrada en control con unha arcea abatida, converténdose no Campión Provincial deste 2013. Co mesmo número de puntos, o segundo posto era para Cesar Julio Rodríguez Ares e o terceiro posto ocupábao Manuel Pérez López con tamén 500 puntos.

A estes tres primeiros clasificados acompañaranos Juan Carlos Bande López e Juan Carlos Gómez Rodríguez, conformando a representación lucense para o vindeiro Campionato Galego de Caza de Arceas que se disputará o vindeiro 29 de novembro en Ourense.