CAZA MENOR CORUÑA
López Cendán gañador en Narahío
5/11/2013

Campionato Provincial de A Coruña de Caza Menor con Can

O pasado sábado 2 de novembro disputouse nos terreos do Tecor de Narahío, o Campionato Provincial de A Coruña de Caza Menor con Can organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración coa Sociedade de Cazadores de Narahio.

A esta fase provincial acudiron un total de 16 cazadores, un campionato que sen dúbida estivo marcado polas adversas condicións climáticas. A intensa choiva e nevoa fixo que se retrasase a saída dos participantes ata as 12:30 horas.

Foi o cazador Javier López Cendán o que obtivo mellor resultado o acadar o título de Campión Provincial con 1100 puntos. En segunda posición remataba José Manuel Pose Castro con  550 puntos. Rubén Boquete Varela tíñase que conformar coa terceira posición deste campionato acadando a mesma puntuación que o seu compañeiro Pose Castro.

A estes tres cazadores acompañaranos Juan Vázquez Sanmarful Fabián Barge Vilela e Juan Manuel Carou Rey, conformando deste xeito o equipo que representará a esta provincia no vindeiro Campionato Galego da especialidade que se disputará o próximo día 9 de novembro.