CAZA MENOR OURENSE |
Jorge Vázquez foi o gañador |
29/10/2013 |
Campionato Provincial de Ourense de Caza Menor con Can O pasado sábado 26 de outubro disputouse nos terreos da Sociedade de Cazadores de Sandiás, sito no concello de Sandiás, o Campionato Provincial de Ourense de Caza Menor con Can organizado pola Federación Galega de Caza de Ourense en colaboración con dita Sociedade de Cazadores. Destacar desta fase provincial a abundancia de caza que avistaron os participantes, feito este que fixo que a proba estivese do máis entretida, sucedéndose diferentes lances ao longo do transcurso da competición. Foi o cazador Jorge Vázquez Iglesias o que acadaba o título de Campión Provincial de Ourense de Caza Menor con Can cun total 600 puntos. En segunda posición remataba Roberto Miguelez Sainza con tamén 600 puntos pero chegando máis tarde ao control que Jorge Vázquez. E o terceiro posto era para Abel Andrés Otero con 400 puntos. Jorge Vázquez Iglesias, Roberto Miguelez Sainza, Artemio Formoso Barro e Manuel Marcos Pérez González serán os cazadores que representaran a provincia de Ourense no vindeiro Campionato Galego da especialidade. |