ÓBITO |
A FGC lamenta a morte dun cazador en Ribas de Miño (Lugo) |
26/10/2013 |
A Federación Galega de Caza desexa transmitir o seu máis sentido pesar a tódolos familiares, amigos e compañeiros do cazador de 17 anos falecido onte en Ribas de Miño (Lugo). Ainda que nesta ocasión parece ser resultado dun accidente fortuito, dende a FGC rógaselle unha vez máis a tódolos cazadores que extremen as precaucións en cada xornada cinexética. |