CAZA MENOR |
Colabore coa campaña de seguimento de capturas de especies de caza menor da FGC e participe no sorteo de varios premios |
24/10/2013 |
Co fin de facer un seguimento da campaña cinexética 2013/2014 da caza menor en Galicia, a Federación Galega de Caza, dentro do marco do seu Observatorio da Caza, acaba de por en marcha unha campaña de recollida de datos voluntaria entre tódolos cazadores galegos. Os cazadores que o desexen, poden participar descargando unha ficha de seguemento que deberán ir completando coas capturas e avistamentos das principais especies de caza menor: coello, perdiz, lebre, arcea, agacha, pombo e raposo; que fagan ao longo das súas xornadas de caza nesta campaña. Co fin de incentivar a participación, e como agradecemento a aqueles que colaboren nesta importante campaña, a Federación Galega de Caza realizará un sorteo entre tódolos cazadores participantes que envíen cumplimentada correctamente a súa ficha ao final da tempada, cos seguintes premios:
Se esta vostede interesado en participar, só ten que descargar a seguinte ficha de capturas, en calquera dos formatos facilitados: Ficha de Seguimento de Capturas de Especies de Caza Menor (PDF) |