COMUNICADO
A FGC desminte as informaciĆ³ns publicadas en Faro de Vigo sobre o proceso electoral na Sociedade de Caza de Silleda
9/10/2013

Ante as informacións publicadas no día de hoxe no Xornal Faro de Vigo, en relación co proceso electoral que se está a desenvolver na sociedade de caza de Silleda, a Federación Galega de Caza quere manifesta-lo seguinte:

  1. A FGC non deu nin por bon ni por malo o calendario electoral da sociedade de caza de Silleda, toda vez que non ten coñecemento do mesmo, en todo caso o que se explicou á xornalista que se fai eco da noticia é como se adopta ese tipo de acordos, a aprobación do calendario electoral correspóndelle á asemblea xeral extraordinaria de convocatoria de eleccións, e o mesmo deberá elaborarse atendendo aos prazos que sinalan os estatutos das sociedades; unha vez aprobado por parte da asemblea, salvo que conteña defectos como a falta dalgún trámite -exposición de censo, prazo de reclamacións, prazo de presentación de candidaturas, prazo de impugnacións, data de votacións, etc-, o calendario  é inamovible, por tanto a información publicada foi terxiversada.

  2. A FGC quere deixar claro que nestes momentos non pode avaliar a situación do proceso electoral da sociedade de caza de Silleda, toda vez que non ten coñecemento documental dos acordos adoptados nin pola asemblea xeral nin pola xunta electoral, e tampouco constancia de ningunha impugnación ao respecto.