XUNTANZAS
Representantes da FGC reúnense coa Subdirectora de Recursos Cinexéticos e Piscícolas para unha posta ao día dos asuntos cinexéticos
25/9/2013

Como veñen facendo de xeito periódico, representantes da Federación Galega de Caza mantiñan esta semana una nova xuntanza coa administración, neste caso coa Subdirectora de Recursos Cinexéticos e Piscícolas, Susana Cuesta, co fin de tratar os asuntos cinexéticos de actualidade.

Nesta ocasión eran Javier Nogueira, Presidente da FGC; Manuel Saa, Presidente Provincial da FGC na Coruña; Francisco López Penela, Presidente Provincial da FGC en Lugo; e Francisco Couselo, Presidente Provincial da FGC en Pontevedra, quen se reunían coa Subdirectora no seu despacho en Santiago de Compostela.

Esta xuntanza viña a complementar á que xa se mantivera a pasada semana coa Subdirectora e na que se trataron, entre outros, asuntos relacionados coa nova Lei de Caza.