ÓBITO |
A FGC lamenta a morte dun cazador en Rubiá |
23/9/2013 |
A Federación Galega de Caza quere manifestar a súa consternación e fondo pesar pola morte dun cazador en Rubiá (Ourense), ao recibir un disparo accidental dun compañeiro de batida. Dende a FGC queremos achegar o máis sentido pésame a toda a familia do falecido así como a tódolos seus compañeiros de batida e amigos. A caza é un deporte totalmente seguro, pero debe practicarse de acordo ás leis que o regulan e seguindo as normas de seguridade que a FGC ven lembrando ano tras ano. |