COELLO PONTEVEDRA
Marcelo Arosa campión provincial
17/9/2013

Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro sobre Coello

O pasado 14 de setembro, nas Sociedades de Caza de Pazos de Borbén e A Peneda disputouse unha edición máis do Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro sobre Coello organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra contando coa colaboración de ditas Sociedades de Caza.

Na proba participaron un total de 22 lotes que foron xulgados polos xuíces José Alonso Darriba, José Moure Caneda, José Montoiro González, Francisco Javier Silva Fontán e Jaime Villaverde Balado, sendo o Director da Proba Carlos Vila Ramilo, Vicepresidente de Competicións da FGC de Pontevedra. A proba transcorreu sen imprevistos destacando as altas temperaturas reinantes que dificultou o traballo dos cans nun terreo con abundantes coellos.

Foi o lote composto por “Ussa, Nica, Aldo e Aton” propiedade de Marcelo Arosa Dasilva o que acadou un total de 558 puntos converténdose deste xeito no novo Campión Provincial. Na segunda posición rematada Jaime López Castro con “Pistón, Tina, Linda e Jara” cun total de 535 puntos. Marcos Riobó Lamas co lote formado por “Brasa, Clarita, Clavel e Diana” tíñase que conformar co terceiro posto con 500 puntos.

O can de nome “Pistón” propiedade de Jaime López Castro con 150 puntos foi nomeado mellor Can da Proba.

O punto e final desta edición da fase provincial de Rastro de Coello púxoo un xantar de irmandade e a entrega de premios na que interviron diferentes autoridades, entre as que se atopaba o presidente da Federación Galega de Caza en Pontevedra, Francisco Couselo Castiñeira, quen aproveitou a ocasión para informar aos alí presente de dúas novas destacadas para o cazador, a unificación de frecuencias de emisoras para toda Galicia e a modificación a alza das características e coberturas dos seguros do cazador de Mutuasport.

Lembrarlle aos amantes das probas de Rastro de Coello que a fase final do Campionato Galego disputarase no Tecor pontevedrés do Suído.