POLÉMICA INCENDIOS |
A FGC intervén en diferentes medios de comunicación pola problemática dos incendios forestais |
30/8/2013 |
Por mor da noticia que saíu publicado nos medios de comunicación na que se informaba de que os cazadores e labregos podían estar detrás da suposta autoría de determinados incendios forestais que asolaron a nosa comunidade nos pasados días, Javier Nogueira Diz, presidente da Federación Galega de Caza, acudiu a diferentes medios de comunicación, Radio Galega, Radio Obradoiro, etc. para mostrar o malestar dos cazadores galegos por ditas afirmacións. O presidente da FGC lamentou enormemente a nefasta imaxe que produciu dita noticia no colectivo de cazadores galegos. Aproveitando a ocasión para informar a sociedade de que son os cazadores un dos colectivos máis interesados de que o monte non sufra a fatalidade dos incendios forestais, por ser amantes da natureza e por ser o monte o esceario da súa actividade. Mostra delo e o convenio de colaboración que a FGC asinou este mesmo ano coa Consellería do Medio Rural para a extinción e prevención de incendios forestais. Na súas intervencións, Javier Nogueira tamén informou que os lumes prexudican enormemente o desenrolo da práctica cinexética xa que por Lei, esta prohibida a práctica da caza durante 3 anos nos terreos queimados. Rematou o máximo dirixente da Federación de Caza solicitando un trato moito máis coidadoso co colectivo de cazadores debido a que estas noticias prexudican gravemente a imaxe social da caza e dos cazadores galegos. Escoitar a entrevista de Radio Obradoiro: |