GALEGO ARCO |
Os mellores arqueiros galegos déronse cita en Mondariz |
27/8/2013 |
XIV Campionato Galego de Percorridos de Caza con Arco e Caza con Arco o Voo O pasado 25 de agosto disputouse no concello pontevedrés de Mondariz a fase final do Campionato Galego de Percorridos de Caza con Arco e Caza con Arco o Voo organizado pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración da Sociedade de Caza “A Mondarizana” Á proba acudiron un total de 45 arqueiros chegados e clasificados nos seus diferentes campionatos provincias. O bo tempo e a boa organización da proba fixo que esta resultase do máis atractiva tanto para os amantes desta disciplina como para o público alí presente. Percorridos de Caza con Arco En Tradicional o primeiro posto recaía en Oscar Novas Seijas acadando así o título de Campión Galego. Abel López Lepiani e Manuel Martínez Pérez situábanse en segunda e terceira posición respectivamente. Na categoría de Damas Asistido o primeiro posto era para a arqueira María Rodríguez Rodríguez. Dolores Bugarín Codeseda acada o segundo posto e Iratxe Guillen Bouzas compretaba o podio en terceira posición. En Damas Tradicional Sonia María Ribeiro era a campiona e Inmaculada Santamaría facíase co subcampionato. Irene Sandra Padin víase relegada aun máis que meritorio terceiro posto. Na categoría Infantil a xoven arqueira Laura Novas Riveiro era a campiona desta edición. Rebeca Villaverde Bugarín e Sergio Sobral Barcía acadaban un sobresaínte segundo e terceiro posto neste autonómico. CAZA CON ARCO O VOO |