ÓBITO |
A FGC, en nome dos cazadores galegos, transmite o seu apoio aos familiares vítimas do accidente de Santiago |
26/7/2013 |
A xunta directiva e o persoal da Federación Galega de Caza, en nome de tódolos cazadores galegos, queren achegar o seu máis sentido pésame ás familias dos falecidos no fatal accidente do pasado 24 de xullo en Santiago, así como desexar unha rápida e satisfactoria recuperación aos feridos, achegar todo o apoio e ánimo a tódolos afectados neste triste suceso e felicitar e agradecer a tódalas persoas, profesionais e voluntarios, que dun ou doutro xeito traballaron e seguen a traballar no mesmo. |