SAN HUBERTO RIVEIRA
Jorge Martín gañador no Barbanza
23/7/2013

Proba puntuable para a Copa Galicia de Caza San Huberto

O pasado 21 de xullo, disputouse no Tecor da Sociedade de Cazadores do Barbanza en Riveira, unha proba de San Huberto puntuable para a Copa Galicia da especialidade e organizada por dita Sociedade e contando coa colaboración da Federación Galega de Caza en A Coruña.

Á proba acudiron un total de 25 participantes que foron xulgados por David Romero, Ramón Viña e Santiago Saavedra. Actuando como Director da Proba Víctor Reiriz Lampón.

O gañador foi o cazador Jorge Martín Sánchez co seu pointer macho de nome “Kan” cun total de 68 puntos. Con 66 puntos situábase en segunda posición Roberto Dopico Dopico co tamén macho de pointer “Río”. E xa en terceira posición situábase José Francisco Otero González coa femia de pointer de nome “Tula” e con tamén 66 puntos.