CANS PARADA PONTEVEDRA
Carlos Lalín en Británicos e Andrés Pena en Continentais foron os campións en A Laxe
9/7/2013

Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Parada

O 7 de xullo desputouse no Tecor da Sociedade de Cazadores de A Laxe o Campionato Provincial de Cans de Parada organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra coa colaboración de dita sociedade de cazadores.
Na proba participaron un total de 9 cans, 8 correspondentes a razas británicas e 1 a continentais. José Ángel Seco Alvite e Eloy Rodríguez Rego foron os xuíces asinados, actuando como xuíz auxiliar Moises Balboa Pereira.

Foi a cadela pointer “Agra de Torres da Varela” conducida por Carlos Lalín Ferreiroa a que acadou unha calificación de 1ºEXC accedendo ao máis alto da clasificación na categoría de Británicos. Repetía de novo Carlos Lalín Ferreiroa no segundo posto pero nesta ocasión coa tamén cadela pointer “Alba de Torres da Varela” cunha calificación de 2ºEXC. O setter inglés macho de nome “Rambo de Bosende” conducido por Andrés Pena Vázquez foi o terceiro clasificado con unha calificación de 3ºMB.

En Continentais o gañador era Andrés Pena Vázquez co Griffón Korthals de nome “Piti” e unha calificación de 1ºB.