PERCORRIDOS DE CAZA
Luís Sánchez Mancebo convértese no novo Campión Galego
27/6/2013

Campionato Galego de Percorridos de Caza disputado en Río Sar

O pasado domingo día 23 de xuño disputábase o Campionato Autonómico de Percorridos de Caza que, unha vez máis, era acollido nas instalacións do Campo de Tiro Río Sar, baixo a organización da Federación Galega de Caza e coa sempre inestimable colaboración da Sociedade Deportiva Río Sar.

A proba disputouse a un total de 150 pratos repartidos en diferentes campos. Uns campos definidos polos participantes como moi técnicos onde os 67 tiradores que tomaron saída nesta proba tentaron escachar o maior número deles.

Foi o experimentado tirador José Luís Sánchez Mancebo o que acadou o título de Campión Galego ao escachar un total de 130 pratos. Seguino o participante Ángel Mosquera Cornide quen con 128 pratos derribados se situaba en segunda posición. O terceiro posto da proba foi para o tirador, chegado de fora da nosa comunidade, Juan Gardeazabal Rotaetxe con 127 pratos. O pódium autonómico completouno Juan Carlos Costas Pereira con 126 pratos.

En Veteranos o primeiro posto da clasificación autonómica foi para Jaime Vilas Pereira con 118 pratos, seguido de José Carlos Álvarez Pazo en segunda posición con 111 pratos.

Na categoría de Handisport o título foi acadado polo tirador Artemio Formoso Barro con 110 pratos derribados.

En Superveteranos o posto máis alto da clasificación foi acadado Ángel Mosquera Rodríguez con 97 pratos, seguido de José Costas Iglesias con 82 pratos escachados e Manuel Martín Boedo con 74.

En Xuveniles impúxose o xoven tirador Daniel Vicente Pintus con 79 pratos derribados.

A Selección Galega que representará a nosa comunidade e asistirá o vindeiro Campionato Nacional quedou conformada cos seguintes tiradores: José Luís Sánchez Mancebo, Daniel Cebreiro García, Antonio Iglesias Otero, Artemio Formoso Barro, Martín Baqueiro Villafines e José Carlos Álvarez Pazó.

Unha vez que o derradeiro prato sobrevoou as instalacións de Río Sar, procedeuse a entrega de premios na que interviron previamente as autoridades alí presentes, entre os que se atopaba o alcalde do concello de Trazo, José Dafonte Varela quen agradeceu a realización destas probas en terras de Trazo, e o presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira Diz, quen informou aos tiradores e persoas alí presentes da complexa situación que esta a sufrir o panorama federativo nacional.