RRCC CORUÑA
Iglesias Otero imponse no provincial
10/6/2013

Campionato Provincial de A Coruña de Percorridos de Caza

Na xornada do pasado domingo 9 de xuño, disputouse nas instalacións do Campo de Tiro Río Sar a fase provincial de A Coruña do Campionato de Percorridos de Caza organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña e a Sociedade Deportiva Río Sar.

Ata un total de 38 tiradores se deron cita nesta fase provincial clasificatoria para o autonómico da especialidade. Tiradores que se enfrontaron a 100 pratos sendo xulgados polos árbitros Rubén Boquete Varela, Leonardo García Otero, Manuel Pérez Fernández e José Antonio Carrera Rodríguez.

Foi, novamente, o tirador Antonio Iglesias Otero o que se converter en Campión Provincial ao ser o primeiro clasificado con 91 pratos escachados. Ángel Mosquera Cornide, con 90 pratos, subiu o segundo posto da clasificación xeral e xa no terceiro posto foi Fernando Sánchez Mancebo o que completou o podio con 87 pratos.

En veteranos o gañador foi Antonio Castro Ferreiro con 75 pratos e en superveteranos impúxose Ángel Mosquera Rodríguez con 74 pratos derribados.