XABARIL CORUÑA |
O Campión Provincial foi Carlos Arnoso con Chino |
10/6/2013 |
Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Rastro Atrelados modalidade Xabaril O pasado 8 de xuño disputouse no Tecor da Sociedade de Cazadores de Cedeira o Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña e contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores de Cedeira. Ao campionato acudiron un total de 21 monteiros con 29 cans, sendo xulgados polos xuíces José Moure Caneda e Severino Ramil Fernández. Disputada a fase final, foi o monteiro Carlos A. Arnoso García o que co seu can de nome “Chino” acadaba a máxima puntuación con 231,50 puntos proclamándose deste xeito como novo Campión Provincial da especialidade. No segundo posto situábase Cándido Picón Domínguez con “Rumba” e 218 puntos. Juan Fernández Vecino con “Zulu de Soñar” remataba no terceiro posto con tamén 218 puntos. Os monteiros Carlos A. Arnoso García, Cándido Picón Domínguez, David Toxeiro Paz, José Pereira Ramos, José Luis Iglesias Neira, Álvaro Fontenla Crespo, Manuel Rodeiro Louzao, Francisco Javier Devesa Bouzón, José Manuel Barreiro Rivadas e Manuel Iglesias Covelo conforman a selección da provincia de A Coruña para o vindeiro Campionato Galego da especialidade. |