RRCC PONTEVEDRA
Costas Pereira é o novo campión provincial
5/6/2013

Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza

O pasado 2 de xuño, disputábase no Campo de Tiro de As Fronteiriñas – Figueiro o Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza baixo a organización da Federación Galega de Caza en Pontevedra.

Á proba, de carácter aberto, acudiron un total de 44 tiradores que se enfrontaron a un total de 100 pratos, sendo xulgados polos árbitro José A. Carrera Rodríguez, Rubén Boquete Varela, Rubén Martínez Bugallo e Cesar Tosar González. Actuou como Director da Proba José Antonio Pena Fernández.

Na categoría Xeral Absoluta, o primeiro posto foi para o tirador Juan Carlos Costas Pereira con 83 pratos derribados, sendo deste xeito o novo Campión Provincial da especialidade. O subcampionato recaeu en Roberto Rodríguez Fernández con 81 pratos escachados e xa con 79 pratos o tirador Daniel Cebreiro García situábase en terceira posición.

Na categoría de Veteranos impúxose o tirador Edelmiro Castro Hermida seguido de Jaime Vilas Pereira con 75 e 72 pratos, respectivamente. O tirador José Rodríguez era o terceiro clasificado con 69 pratos.

Daniel Vicente Pintus acadaba o primeiro posto na categoría de Xuveniles con 60 pratos derribados e en Superveteranos o tirador Miguel Blanco Álvarez impoñíase con 52 pratos.