RASTRO XABARIL
Carlos Arnoso con “Chino” gaña en Karsita
5/6/2013

Proba puntuable para a Copa Galicia da especialidade

O pasado 1 de xuño disputouse en Vilagarcía de Arousa unha proba de Cans de Rastro Atrelados modalidade Xabaril organizado pola Sociedade de Caza de Karsita coa colaboración da Federación Galega de Caza en Pontevedra.

Á proba acudiron un total de 41 cans, estando xulgada por Manuel e Miguel Martínez Casal, sendo o Director da mesma Roberto Carlos Costa Tellado.

Foi o monteiro Carlos Arnoso co seu can “Chino” o que ocupou o primeiro posto da clasificación xeral cun total de 236 puntos. O participante José Romero Álvarez con “Bala” e 216,5 puntos acadou o subcampionato namentres que o monteiro José Manuel Yáñez, co can “Sol”, situábase no terceiro caixón do podio con 215 puntos.