![]() |
RASTRO XABARIL |
Salvador Sestelo foi o gañador en Cerdedo |
5/6/2013 |
Proba puntuable para a Copa Galicia da especialidade Na localidade pontevedresa de Cerdedo, tivo lugar o pasado 25 de maio unha proba de Cans de Rastro Atrelados modalidade Xabaril organizado pola Sociedade de Caza de Cerdedo coa colaboración da Federación Galega de Caza en Pontevedra. A proba estivo xulgada por Alejandro González González e Jaime Villaverde Balado sendo o Director da mesma Francisco Xabier Rodríguez Fernández. Foi o monteiro Salvador Sestelo Núñez co seu can “Clay” o que ocupou o primeiro posto da clasificación xeral cun total de 228,5 puntos. O participante Francisco Rodeiro Eiras con “Lula” e 219 puntos acadou o subcampionato namentres que o xoven monteiro Gonzalo Rodeiro Louzao, co can “Cho”, situábase no terceiro caixón do podio con 209,5 puntos. |