RASTRO XABARIL |
Cans de ceiba en Ortigueira |
28/5/2013 |
V Copa Federación de Cans de Rastro sobre Xabaril O pasado 25 de maio disputouse en Ortigueira a V Copa Federación de Cans de Rastro sobre Xabaril salvaxe en terreo aberto organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña contando coa inestimable colaboración das Sociedades de Caza de Cedeira e Ortegal. Á proba acudiron un total de 18 participantes con cada seu lote de seis cans chegados de diferentes puntos da xeografía española, entre os que se atopaban monteiros cántabros, asturianos, estremeños e galegos. Unha vez rematada a proba, a organización destacou a participación dos lotes propiedade de Luis Felipe Martínez Moyano, Francisco Blanco Trobo, Alejandro Río Campos, Manuel García Granda e Andrés Toxeiro Fraguela. A título individual, a organización tamén quixo facer unha mención especial aos cans “Katy” de Carlos Novo Anllo e “Caín” de Alfonso Jardón Quintana. |