SAN HUBERTO
Suárez Mera gaña o cidade de Narón
23/5/2013

V edición do Torneo San Huberto Cidade de Narón

O pasado 18 de maio, disputouse unha edición máis do Torneo de San Huberto Cidade de Narón organizado pola Sociedade de Caza e Pesca de Xubia, coa colaboración da Federación Galega de Caza en A Coruña.

A proba estivo marcada por unha choiva intermitente que non puxo impedimento para o bo desenrolo da mesma. Unha proba que se disputou en tres campos, clasificándose os dous mellores participantes de cada campo para o barrage final.
Unha vez disputado dito barrage, o campión do torneo foi o cazador Álvaro Suárez Mera, seguido de Roberto Dopico Dopico e Ramón Picallo Piñón en segunda e terceira posición respectivamente.