RELEVO |
García Reinoso toma posesión no seu novo cargo como Presidente da Federación Galega de Caza en Ourense |
22/5/2013 |
Remate do proceso electoral da Federación Galega de Caza en Ourense O pasado xoves día 16 de maio, tiña lugar na sede da Federación Galega de Caza en Ourense o traspaso de poderes da presidencia de dita FGC, poñéndose fin ao proceso electoral da FGC en Ourense comezado en meses atrás. José Luis Leites, anterior presidente da Federación Galega de Caza en Ourense durante varias lexislaturas, cedíalle o bastón de mando da presidencia a Antonio García Reinoso quen afrontará este destacado cargo federativo durante a vindeira lexislatura. Neste acto de traspaso de poderes estivo presente o presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira Diz, quen aproveitou a ocasión para agradecer o esforzo e dedicación que durante tantos anos tivo o anterior presidente, José Luis Leites ao fronte da Federación provincial de Ourense; ao mesmo tempo que lle desexaba ao presidente entrante, Antonio García, moita dedicación, enerxía e sorte ante este novo cargo de responsabilidade ao fronte da Federación Galega de Caza en Ourense. |