RASTRO XABARIL |
Fernández Vecino, con Zulú de Soñar, resultou gañador en Narón |
21/5/2013 |
Proba de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril puntuable para a Copa Galicia O pasado 18 de maio, baixo a organización da Sociedade de Caza e Pesca de Xubia, tivo lugar unha proba puntuable para a Copa Galicia de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril, contando coa colaboración da Federación Galega de Caza en A Coruña. Á proba acudiron un total de 34 monteiros que foron xulgados polos xuíces José Moure Caneda e José Manuel Pita Santalla, sendo David Casal Lamas o Director da Proba. Rematada a competición, a clasificación final resultou do seguinte xeito. O lucense Juan Fernández Vecino co seu can de nome “Zulú de Soñar” subiu o máis alto da clasificación cunha puntuación de 257,5 puntos, converténdose deste xeito no campión da proba. O monteiro Francisco Rodeiro co seu can “Cho” situouse no segundo posto da clasificación final con 253 puntos. Xa na terceira posición, Iván Fernández con “Ture” conseguía o terceiro posto con 250 puntos. |