LEI MONTES |
A ONC presenta as alegaciĆ³ns para mellorar a Lei de Montes estatal |
20/5/2013 |
A Oficina Nacional de la Caza (ONC), tras amosar a súa satisfacción polo texto actual da modificación da Lei de Montes nacional, que podería solucionar o problema dos danos á agricultura e os accidentes de tráfico causados pola fauna cinexética, ven de presentar as súas alegacións ao borrador do mesmo ante o Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente (MAGRAMA). Entre os temas que afectan ao mundo cinexético, a ONC amosouse crítica especialmente co desenrolo da multilicenza, pois considera que a proposta actual do texto non ven a cumprir coa demanda real dos cazadores españois de contar cunha única licenza de caza. Ao respecto dos sinistros de tráfico, a ONC está satisfeita cos dous borradores da Lei de Montes que manexa o Ministerio, dado que en ambos casos o titular do terreo de caza queda exento de responsabilidade dos mesmos salvo que se produzan como consecuencia dunha acción de caza colectiva levada a cabo o mesmo dia do sinistro. En canto aos danos na agricultura producidos pola fauna cinexética, a satisfacción co texto tamén é importante, dado que para facer responsable dos mesmos aos titulares dos cotos de caza sería necesario o incumprimento do plan técnico de aproveitamento. Todas as alegacións foron froito das achegas das entidades integradas na ONC ao longo dos últimos anos, e sobre todo das sete federacións autonómicas de caza incorporadas recentemente, entre as que se atopa a Federación Galega de Caza, xunto con Aragón, Castela A Mancha, Castela e León, Cataluña e Navarra. |