TEMPADA 2013/2014 |
Xuntanza do Comité Galego de Caza |
15/5/2013 |
No serán de onte día 14 de maio, tivo lugar a xuntanza do Comité Galego de Caza, cuxos acordos servirán de base para confeccionar a “Orde de Vedas” que regula os períodos hábiles de caza das distintas especies cinexéticas para a inminente tempada de caza. Dito Comité estivo composto polos diferentes representantes dos cazadores galegos, entre os que se atopaban os catro presidentes provincias da Federación Galega de Caza, todos eles encabezados polo seu presidente, Javier Nogueira Diz. Diferentes asociacións de caza e representantes das administracións provinciais e autonómica tamén estiveron presentes, todos eles baixo a presidencia de Ricardo García Borregón Millán, Director Xeral de Conservación da Natureza. No transcurso da reunión, analizáronse as propostas dos catro comités provinciais para establecer a normativa que regule os períodos hábiles e as especies que serán obxecto de caza na vindeira tempada. Como posibles datas e períodos hábiles de caza, destacar o comezo, o vindeiro 17 de agosto dos ganchos ao xabaril e o 25 de agosto os de corzo, a tempada de caza xeral terá a súa apertura o 20 de outubro para rematar, como en anos anteriores, o 6 de xaneiro. A data dos derradeiros ganchos ao xabaril e raposo, así como a ampliación da caza de arcea, rematarán o 9 de febreiro do 2014. Quedando todo emprazado a que sexa o Conselleiro do Medio Ambiente e Infraestruturas o que fixe, ca publicación da Orde de Vedas, as regras que suxeitaran a práctica cinexética na nosa comunidade. |