PAXARILES PONTEVEDRA |
O Grove acolleu a fase provincial de paxaros cantores |
7/5/2013 |
Campionato Provincial de Pontevedra de Paxariles O pasado 6 de maio, disputouse en o Grove, a fase provincial de Pontevedra de Paxariles organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra en colaboración coa Sociedade O Grove. A proba acudiron un total de 156 paxaros repartidos nas diferentes categorías. Actuaron como xuíces Iván Fajardo Cao, Manuel A. Chao Porto, Jesús Fajardo e Juan Pico Pico, sendo o Director da Proba Rafael Prol Caneda. Na clasificación de Pardillo o primeiro posto foi para Álvaro Suárez Suárez con 9 puntos, seguido de Ángel González Ferreira con 9 puntos e xa en terceiro posto Cándido Lago Álvarez con tamén 7 puntos. Na categoría de Xílgaro foi Germán Alcalde Cerviño o que obtivo o primeiro posto con 32 puntos, seguido de Félix Romay Rey e Javier Gómez Alcalde en segunda e terceira posición con 21 e 9 puntos respectivamente. En Mixto de Xílgaro o primeiro posto recaeu en Félix Romay Rey con 98 puntos. Con 47 puntos o segundo posto foi ocupado por Germán Alcalde Cerviño. Co mesmo número de puntos Julio Pereira Sánchez acadaba a terceira posición. Na categoría de Verderón o participante Manuel Pereira González acadaba o primeiro posto con 2 puntos. Seguiuno Pablo Corrales González con 1 punto e Robin Prol Devesa con 1 punto, en segunda e terceira posición, respectivamente. |