RUPTURA
A RFEC, antepoñendo os intereses persoais aos da entidade
23/4/2013

Denuncia do convenio RFEC-Mutuasport

A Real Federación Española de Caza ven de publicar o pasado 15 de abril unha nota informativa en relación á súa denuncia do convenio de colaboración e patrocinio con Mutuasport, para emitir seguros de danos propios e responsabilidade civil dos cazadores federados, seguros de Tecores, competicións, etc. Nesta nota incluíase o seguinte parágrafo:

El Consejo Superior de Deportes tiene delegadas en la RFEC las funciones en exclusividad de la emisión de las tarjetas federativas de todos los cazadores federados españoles, tarjetas federativas que a su vez llevan la póliza de cobertura de daños propios.”

En relación a estas afirmacións e, de maneira xeral, sobre a ruptura deste convenio, a Federación Galega de Caza desexa informar do seguinte aos cazadores galegos asegurados con Mutuasport, do seguinte:

  1. A RFEC  non ten a exclusividade da emisión de tarxetas federativas de tódolos cazadores españois. É esta unha competencia que pertence ás federacións autonómicas de caza, como establecen os propios estatutos da RFEC así como a Lei 3/2012 do Deporte de Galicia. As federacións autonómicas teñen personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar por si mesmas no seu eido de actuación.
  2. A existencia da mutua dos cazadores federados Mutuasport, creada e promovida pola propia Federación, ven propiciando unha importante moderación dos prezos dos seguros de caza no noso país, en contraposición á situación doutros países onde a ausencia dunha mutua similar fixo que os prezos dos mesmos sexan moi superiores.
  3. O Presidente da RFEC estivo ao fronte de Mutuasport durante 21 anos, ata o ano 2012, beneficiándose desta dobre condición e deixando a Mutua ao borde unha intervención pola Dirección Xeral de Seguros. Agora que unha nova directiva está tratando de reducir gastos, renunciando ao enriquecemento e dando estrito cumprimento á normativa sobre seguros, o seu anterior responsable pretende romper estas tradicionais e proveitosas relacións RFEC-Mutuasport valéndose do seu cargo.
  4. Os cazadores españois, e polo tanto os galegos, non deben nin merecen perder a súa mutua, e as enormes vantaxes que esta xenera, por mor de persoas individuais interesantes no seu propio beneficio persoal.

Para evitar a ruptura deste convenio, as federacións integrantes do F7, que aglutinan o 70% dos cazadores federados en España, entre os que se inclúe esta Federación, van promover a celebración dunha Asemblea Xeral Extraordinaria na RFEC.

Burofax remitido á RFEC solicitando Asamblea General Extraordinaria