ASEMBLEA |
A grande afluencia á Asemblea Xeral obriga a trasladar o escenario da mesma |
12/4/2013 |
Máis de 100 persoas, entre asembleístas e convidados asistirán á xuntanza A Asemblea Xeral da Federación Galega de Caza, que se celebra mañá sábado a partir das 10.00h en primeira convocatoria e 10.30h en segunda, esta a crear unha grande expectación entre o colectivo cinexético a causa da nova Lei de Caza. Por mor desta grande afluencia, a FGC viuse obrigada a mudar o lugar onde se ía celebrar a mesma, inicialmente previsto para o Salón de Actos da Secretaría Xeral para o Deporte no Estadio Multiusos de San Lázaro, para o salón de actos do edificio CERSIA, a carón do propio estadio, a escasos 100 metros do lugar onde estaba prevista a xuntanza. Persoal da propia FGC encargarase de dirixir a tódolos asistentes ao lugar da celebración. O seguinte mapa indica a situación de dito edificio. Recoméndase aparcar os vehículos no Estadio de San Lázaro. |