NOVO LOGOTIPO |
Mutuasport renova a súa imaxe |
10/4/2013 |
Mutuasport, a mutua de seguros dos cazadores, con máis de 30 anos asegurando a cazadores e sociedades de caza de toda España, ven de dar un lavado de cara á súa presenza corporativa, renovando e modernizando a imaxe de marca. Finalmente foi o logotipo votado maioritariamente polos cazadores galegos a trav&´s da páxina web da Federación o elixido para identificar a Mutuasport, formado por unha serie de círculos concéntricos que representan o punto de mira do cazador, baixo o lema “Seguros en la caza”. A nova identidade pretende conseguir mellorar a súa diferenciación e afianzar o seu posicionamento no mercado como marca líder no eido asegurador, recollendo a solidez dunha traxectoria consolidada a través dunha tipografía sinxela que transmite serenidade e confianza. Esta renovación pretende ir máis alá da simple imaxe, pois Mutuasport renovará a súa páxina web e potenciará a súa presenza nas redes sociais co fin de achegarse aos cazadores dun xeito máis directo e persoal. ´ |