COMPAK CORUÑA |
Mosquera Cornide imponse en Río Sar |
9/4/2013 |
Campionato Provincial de A Coruña de Compak Sporting O pasado domingo 7 de abril, disputouse o Campionato Provincial de A Coruña de Compak Sporting no Campo de Tiro Río Sar, organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña e contando coa colaboración da Sociedade Deportiva Río Sar. Foi Ángel Mosquera Cornide o que se impuxo na clasificación final con 88 pratos derribados, non sen ter que realizar un desempate co tirador Daniel Cebreiro García que co mesmo número de pratos escachados que acadou o segundo posto da clasificación final ao ser superado no desempate por Ángel Mosquera. O terceiro posto recaeu en Antonio Iglesias Otero con 84 pratos escachados. Na categoría de veteranos o tirador Emilio José López Mosquera con 75 pratos escachados foi o que acadou o primeiro posto, namentres que na categoría de superveteranos facía o mesmo o participante Ángel Mosquera Rodríguez con 68 pratos derribados. |