BORRADOR LEI MONTES |
Cautela ante posibles boas novas para o sector cinexético |
13/3/2013 |
A Federación Galega de Caza, fai escasos intres, acaba de ter acceso ao borrador da Lei de Montes elaborado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. Neste bocexo da nova Lei de Montes fai se eco de novas moi destacadas e esencias para a viabilidade e mellora da actividade cinexética tanto a nivel nacional como autonómico. Entre ditas achegas destacar a posible modificación da Lei de Tráfico en relación cos sinistros nas estradas provocados por especies cinexéticos cuxa responsabilidade tan so sería imputada ao titular do terreo no caso de unha acción directa de caza colectiva realizada ese mesmo día. Este borrador tamén fai mención a unha Multilicencia e aos danos na agricultura provocados por especies cinexéticas no que o titular do terreo cinexético segue sendo o responsable pero so no caso do incumprimento do Plan Técnico, co engadido da aparición de novos responsables, como a Administración, para terreos libres. A Federación Galega de Caza, conxuntamente con outras Federacións Autonómicas de Caza e diferentes órganos e entidades de representación do sector cinexético traballarán con firmeza para que estas e outras novas achegas se fagan realidade nun futuro próximo en prol dunha actividade cinexética viable e mellor para os cazadores e sociedades de caza. A FGC tamén quere ser prudente xa que, apesares de seren boas novas, tan so é un borrador, e dicir, un primeiro paso ante a futura aprobación de dita Lei de Montes. |