LEI DE CAZA
Javier Nogueira agradece a APROCA a súa adhesión á postura da FGC
4/3/2013

A Asociación de Propietarios Rurais e Produtores de Caza (APROCA) ven de manifestar, nun comunicado emitido hoxe, a súa postura ao respecto do borrador do anteproxecto da nova Lei de Caza de Galicia, ao tempo que se adhire á ás manifestacións manifestadas pola Federación Galega de Caza.

O Presidente da FGC, Javier Nogueira, quere agradecer a APROCA este apoio, que ven a fortalecer a relación entre ambas entidades, que xa colaboraron activamente durante na elaboración do propio borrador deste anteproxecto.

Súmase por tanto un novo apoio á postura da FGC, o que pon de manifesto a oposición por parte de todo o sector cinexético ao anteproxecto da nova Lei de Caza.

Descargar Comunicado APROCA