XUNTANZA |
Posta a punto para o inicio das competiciĆ³ns |
4/3/2013 |
O pasado venres 1 de marzo tivo lugar na sede central da Federación Galega de Caza unha xuntanza co fin de establecer diferentes acordos ante o inminente inicio das competicións cinexéticos que se celebraran nos vindeiros meses. Á xuntanza acudiron os Delegados das diferentes modalidades, representantes federativos provinciais, así como representantes da Asociación Galega de Arco e Cetrería, o secretario xeral da FGC, David Romero e o presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira. Entre outros puntos que se trataron no transcurso da reunión, tivo lugar a aprobación do calendario de competición para este ano 2013, a revisión da normativa de competicións e a promoción de xuíces e árbitros. Nos vindeiros meses disputaranse un sinfín de campionatos e probas cinexéticas espalladas por toda a xeografía galega nos cales a FGC deséxalles moita sorte a tódolos deportistas galegos. |