NOVA LEI DE CAZA |
A FGC trasladará o vindeiro luns o descontento do colectivo cinexético ao Conselleiro de Medio Ambiente |
25/2/2013 |
Trala xuntanza do pasado 14 de febreiro cos responsables da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, a comisión de caza da Federación Galega de Caza alzará as inquedanzas dos cazadores galegos á máxima institución autonómica na materia. Encabezada polo seu Presidente, Javier Nogueira, quen estará acompañado dos Presidentes Provinciais, do Vicepresidente, do Secretario, do Tesoureiro e da Asesora Xurídica, a Federación Galega de Caza quere transmitir ao Conselleiro a súa desconformidade co actual anteproxecto de Lei de Caza e realizar un último intento por achegar o texto definitivo o máximo posible ao proposto. Do resultado desta xuntanza, que terá lugar o vindeiro luns 4 de marzo, dependerán as posteriores accións que levará a cabo a Federación Galega de Caza co fin de defender os intereses dos cazadores galegos. A institución federativa agradece os numerosos apoios recibidos, tanto das sociedades de cazadores como doutros colectivos vencellados coa caza, para levar a cabo esta importante tarefa. |