SUBASTA
Subasta de armas na Comandancia da Garda Civil de Lugo
5/2/2013

O vindeiro día 25 de febreiro, ás 9.00 horas, terá lugar na Comandancia da Garda Civil de Lugo, con sede na Praza Bretaña s/n, unha subasta de armas, na modalidade "Pliego Cerrado", podendo concorrer á mesma todas aquelas persoas físicas e xurídicas que se atopen autorizadas para posuír as armas de que se trate.

Os lotes e condicións da subasta serán expostos ao público nas dependencias do citado acuartelamento entre os días 18 e 22 de febreiro, en horario de 9.00 a 13.00 horas. Os lotes que regulamentariamente saerán a subasta son 350, cada un deles dunha soa arma.

Para máis información poden contactar co teléfono de Intervención de Armas de Lugo 982224868.

Fonte: GuardiaCivil.es