RAPOSO LUGO |
O equipo A Xesteira gaña o provincial |
15/1/2013 |
Campionato Provincial de Lugo de Caza de Raposo O pasado sábado 12 de xaneiro, disputouse o Campionato Provincial de Caza de Raposo de Lugo organizado pola Federación Galega de Caza en Lugo coa colaboración da Sociedade de Caza de Suarna. Á proba acudiron un total de 16 equipos que no transcurso da mañá tentaron dar caza aos astutos raposos nas montañas lucenses do Tecor de Navia de Suarna . Foi o equipo “A Xesteira” o que con 1.000 puntos obtivo o primeiro posto da clasificación e se converteu no novo Campión Provincial. Co mesmo número de puntos situáronse os equipos “Os Rápidos” e “Doble Cero”, en segunda e terceira posición respectivamente. Estes tres primeiros equipos representarán a Lugo no vindeiro Campionato Galego da especialidade. |