XUNTANZA
O concello pontevedrés de Cotobade contará cun campo de tiro de primeiro nivel
8/1/2013

O pasado 26 de decembro tiña lugar unha xuntanza no concello de Cotobade, en Pontevedra, entre o seu alcalde, Jorge Cubela, e distintos representantes de diversas federacións relacionadas co tiro deportivo. Ademáis da de tiro olímpico, arco, prato e representantes da Guardia Civil, cabe destacar tamén a presenza dos representantes da Federación Galega de Caza a través do seu Presidente, Javier Nogueira, e do Presidente da FGC en Pontevedra, Juan Ángel Alonso. O propio Nogueira lembraba que a FGC é segunda federación de Galicia en canto a número de membros se refire.

O motivo da xuntanza foi a posta en coñecemento dos distintos representantes deportivos dos avances nas xestións e proxectos técnicos para levar adiante, nos terreos da comunidade de montes, o que a todas luces será un campo de tiro modélico e tecnolóxicamente avanzado que pretende dar o servizo e a infraestruturas precisas para os distintos deportes interesados, e máis concretamente para os máis de 53.000 cazadores galegos.

Jorge Cubela, o dinámico e novo alcalde de Cotobade, pon o listón na realización de competicións e adestramentos que poidan poñer a Cotobade en particular e a toda Pontevedra en xeral, no mapa da competición internacional das distintas disciplinas relacionadas co tiro deportivo e a caza. Para acadalo é primordial o apoio da Deputación de Pontevedra quen, en palabras do alcalde, confirma o máximo empeño do seu Presidente, Rafael Louzán, neste proxecto. Igualmente, a Federación Galega de Caza poñerá o seu máximo interese en colaborar con esta interesante iniciativa.