ARCEAS OURENSE
Méndez Tesouro acada o primeiro posto
27/11/2012

Campionato Provincial de Ourense de Caza de Arceas

O pasado 24 de novembro disputouse no Tecor ourensá da Sociedade de Cazadores Pena Maior de Piñor o Campionato Provincial de A Coruña de Caza de Arceas organizado pola Federación Galega de Caza en Ourense e contando coa colaboración de dita Sociedade de Caza.

Destacar a falta de capturas por parte dos 8 participantes que apesares de avistarse algunha arcea non foron quen de abatelas.

Unha vez rematado o tempo de competición, foi preciso a realización dun sorteo para coñecer a clasificación final resultando do seguinte xeito: en primeira posición situouse José Luís Méndez Tesouro, seguido por Jaime Pintos Davila e Artemio Formoso Barro en segunda e terceira posición respectivamente.

A estes tres primeiros clasificados súmaselle o cazador Rubén Martínez Bugallo conformando o equipo da provincia de Ourense para o vindeiro Campionato Galego da especialidade.