CAZA MENOR
David Millán é o novo Campión Galego
22/11/2012

Campionato Galego de Caza Menor con Can en Os Blancos

O pasado sábado 18 de novembro tivo lugar o que é sen dúbida é a cita máis importante do calendario de competicións da Federación Galega de Caza, o Campionato Galego de Caza Menor con Can.

Nesta ocasión, foi o concello ourensá de Os Blancos o escenario deste campionato autonómico organizado pola FGC coa colaboración da Sociedade de Cazadores do Tecor Os Blancos.

Unha climatoloxía favorable e uns terreos óptimos para a práctica da caza en salto, foron as notas predominantes nesta vintecinco edición da fase autonómica de Caza Menor con Can, a cal acudiron21 participantes clasificados a través dos seus respectivos campionatos provinciais máis o campión da edición anterior.

Ás 9:00, o Director da Proba, José María Álvarez Villar daba o disparo de saída do campionato e os participantes e xuíces pronto se afastaban do punto de saída en dirección aos diferentes cazadeiros. Cazadeiros con perdiz salvaxe, paspallás, coellos, torcaces e as primeiras recen chegadas arceas. Dende o control os primeiros disparos logo se escomenzaron a escoitar o que presaxiaba unha boa xornada cinexética. 

Ata un total de 37 pezas foron avistadas polos participantes que a partires dás 12:00 horas foron facendo a súa entrada en control, todos eles dentro do horario previsto, a excepción do cazador Artemio Formoso Barro que entrou fora de horario.

Foi o pontevedrés David Millán Ucha acompañado do xuíz Andrés Pena Vázquez o que fixo a primeira entrada en control é o que a postre o converteu no novo Campión Galego da especialidade cunha percha de dous coellos e un total de 700 puntos. A segunda posición foi para Jorge Vázquez Iglesias, da provincia de Ourense, o que con unha arcea aportada e 500 puntos acadaba o subcampionato. Tamén cunha arcea chegaba ao control, máis tarde, o lucense Bernardo Traseira Rois acadando a terceira posición do campionato.

A continuación tivo lugar un xantar de irmandade ao que asistiron participantes, xuíces, organización e diferentes representantes federativos, entre os que se atopaba o novo Secretario Xeral da FGC David Romero, o presidente provincial da FGC José Luís Leites e o presidente da FGC Javier Nogueira. Foi a entrega de premios o que puxo a guinda final a esta XXV edición do Campionato Galego de Caza Menor con Can.