ÓBITO |
A Federación Galega de Caza lamenta profundamente os accidentes ocorridos esta fin de semana |
19/11/2012 |
A Federación Galega de Caza desexa manifestar a sua profunda consternación ante os feitos sucedidos esta pasada fin de semana onde resultaron mortos dous cazadores galegos en senllos accidentes de caza, en Vila de Cruces (Pontevedra) e Vilalba (Lugo). En ambos casos as fatais consecuencias foron motivadas por imprudencias á hora de practicar a caza, un deporte seguro, sempre que se practique de acordo ás leis que o regulan e se cumpra con tódalas normas de seguridade que a Federación Galega de Caza ven lembrando tempada a tempada. A Xunta Directiva da Federación Galega de Caza quere transmitir ás familias, amigos e achegados en xeral dos dous defuntos o seu máis sentido pésame. |