Revista de Prensa


Un cazador de 24 anos faleceu hoxe dun disparo mentres participaba nunha batida de xabarís en Vila de Cruces (Pontevedra).
· 18/11/2012

O suceso tivo lugar ao redor das 16,30 horas nunha zona boscosa desta localidade pontevedresa, informaron a Efe fontes do 112. Tras a chamada dun particular alertando do acaecido, o 112 mobilizou efectivos de Protección Civil de Vila de Cruces, axentes da Garda Civil e persoal facultativo do 061.

Así mesmo, un helicóptero do 061 acudiu ao lugar do suceso, aínda que finalmente regresou á súa base cando lle comunicaron o falecemento do cazador.

Nestes momentos, os Bombeiros do Deza e Protección Civil tratan de recuperar o corpo do mozo falecido, que se acha nunha "zona boscosa", con gran cantidade de maleza e "difícil acceso", próxima a un río, informaron a Efe fontes dos bombeiros e de Protección Civil de Vila de Cruces.

Participa nestas tarefas un vehículo todoterreo que trata de acceder ao punto no que se atopa o corpo sen vida do cazador.