RFEC |
Andrés Gutiérrez foi reelixido presidente da RFEC |
13/11/2012 |
Asemblea Xeral da Real Federación Española de Caza Ás 10 horas do pasado sábado 10 de novembro daba comezo á Asemblea da RFEC coa pertinente acreditación por parte dos asistentes alí presentes. Sorteado os membros da mesa electoral, posteriormente os dous candidatos, Andrés Gutiérrez Lara e José Ángel Ramírez, dispuxeron de 10 minutos para defender a súa candidatura e expoñer os seus programas electorais. Finalizadas as quendas de intervencións procedeuse a votación e ao escrutinio dos votos, resultando reelixido Andrés Gutiérrez Lara con 60 votos a favor contra os 56 acadados por José Ángel Ramírez. Posteriormente tivo lugar a votación dos membros da Comisión Delegada para a continuación tomar a palabra Andrés Gutiérrez dando as grazas a todos os asembleístas e ao candidato José Ángel Ramírez. Mencionar que ata hoxe día 13 de novembro estará aberto o prazo para as posibles reclamacións. |