ÓBITO
Falece o político e cazador José Manuel Pose Mesura
5/11/2012

No día de onte falecía o ex subdelegado do Goberno na Coruña, e durante uns meses Delegado do Goberno en Galicia José Manuel Pose Mesura, aos 62 anos de idade, tras unha longa enfermidade.

Natural de Barizo, Malpica (A Coruña), foi un dos fundadores do PsdeG-PSOE e exerceu de Delegado do Goberno en Galicia durante varios meses. Cazador comprometido coa caza, era un habitual de competicións e eventos organizados pola Federaci&´n Galega de Caza, destacando a inaguruación da sede federativa da Coruña, sita na localidade de Carballo.

A Xunta Directiva da Federación Galega de Caza lamenta profundamente esta perda ao tempo que desexa facer chegar á sua familia e amigos o seu máis sentido pésame

´