AVANCES FEDERATIVOS |
Reunión da Xunta Directiva e Comisión Delegada da FGC |
31/10/2012 |
O pasado luns 29 de outubro tivo lugar na sede central da FGC sita en Santiago de Compostela, ás 17:30 horas, unha reunión da Xunta Directiva e Comisión Delegada da Federación Galega de Caza. Segundo a Orde do Día, a xuntanza deu comezo coa lectura e aprobación da acta da reunión anterior para dar pasa ao avance da execución do orzamentos e estado económico, que mantén a estabilidade prevista. E no tocante ao proceso de afiliación informouse de que se manteñen os mesmo números de afiliados á FGC que no exercicio anterior. Na segunda parte do serán, no apartado de competicións deuse a coñecer a memoria deportiva así como o palmares dos deportistas galegos destacando os logros acadados a nivel Nacional por: Iván Fernández Pereira e Gonzalo Rodeiro Louzao en Rastro de Xabaril; Ángel Mosquera Rodríguez e Artemio Formoso Barro en Compak e Percorridos de Caza; Jesús Ángel Faraldo Ares en Paxariles; Antonio Liste Blanco en Rastro de Coello; Equipo Santa María de Rois en Caza de Raposo e a Marcos Gómez Dacosta, Equipo Jaime Villaverde Balado e Pedro José Martínez Ángel, Dolores Bugarín e Jaime Villaverde en Caza con Arco ao Voo e Percorridos de Caza con Arco. Na memoria deportiva destacar a realización, por parte da FGC, de 82 competicións na que participaron entorno a 5.000 deportistas galegos. Nos informes de presidencia, Javier Nogueira, presidente da FGC, informou do proceso electoral da Real Federación Española de Caza que no vindeiro 10 de novembro terá lugar a asemblea para a elección de presidente da RFEC. Nogueira, tamén deu a coñecer o número de asembleístas que aportará a federación galega, sendo sete, os mesmos que no proceso electoral anterior. Cos rogos e preguntas esgotouse a orde do día e deuse por finalizada esta reunión da Xunta Directiva e Comisión Delegada da Federación Galega de Caza. |