FEDERADOS
A Federación Galega de Caza foi a Federación Autonómica de España con maior crecemento en número de cazadores federados entre os anos 2006-2011
13/9/2012

Segundo datos recollidos pola Real Federación Española de Caza, a Federación Galega de Caza foi a Federación Autonómica que obtivo o maior incremento en número de cazadores federados entre os anos 2006 – 2011.

No ano 2006, a FGC contaba cun total de 20.767 federados e no pasado exercicio 2011, o número incrementouse en 712 federados chegando aos 21.479 federados. Mencionar que o número de licencias de caza en Galicia no ano 2011 foi de 52.016 o que supón que o 41,3 % son cazadores federados.

A FGC xa ocupa o sexto posto con maior número de cazadores federados de tódalas Federacións Autonómicas de Caza, sendo tan so superada por Andalucía, Cataluña, Castela a Mancha, Valencia e Aragón; comunidades estas con un notable maior número de cazadores e extensión cinexética.

E de destacar que neste intervalo de tempo tan so a Federación Galega de Caza, a Federación Cántabra, a Federación Estremeña e a Federación Navarra incrementaron o seu número de federados, sendo nestes tres últimos casos menor o incremento que o da Federación Galega de Caza, como se pode apreciar na táboa adxunta.

Estes datos veñen a reflectir o bo traballo realizado nos derradeiros anos pola FGC e fan que a Comunidade Autónoma de Galicia sexa, en materia de caza, todo un referente no panorama nacional.

A FGC quere con isto transmitir e agradecer o apoio de tódolos cazadores e sociedades federadas ao mesmo tempo que informa ao resto de cazadores de que “xuntos máis fortes” para defender os dereitos dos cazadores e da caza en Galicia.